.jpg)
1 - Guezada 69
2 - A esmorga
3 - Acción-reacción
4 - Identidade
5 - Todo perfecto
6 - Vals do Regueiro
7 - Amodo
8 - Benvida a Terradentro
9 - Terradentro (2009)
"Guezos nace en 1999 na cidade de Ourense, como proxecto de grupo musical tradicional, sen excesivas pretensións. O seu primeiro traballo aparece un ano despois en forma de maqueta, un traballo de corte tradicional con sons moi acústicos do que se chegarían a vender máis de 1.000 copias. Con esta maqueta xa na rúa Guezos lánzase ó directo. Deste xeito percorre unha boa parte da xeografía galega e entra en contacto directo con outras bandas de inquedanzas semellantes. Despois de varios cambios na formación inicial a banda grava o seu segundo traballo en 2004, “Terradentro”. Un disco máis contundente e experimental no que queda patente a súa continua procura dunha identidade propia. Este traballo abriríalle as portas en festivais de tanta sona como o Festival do Mundo Celta de Ortigueira, a Noite do Trasno, o Folkardente ou o Festival Folk de Vilariño, compartindo escenario con Mercedes Peón, Os Cempés, Susana Seivane, Lamatumbá, etc. O 2006 será un ano importante para a banda, que contará co apoio dun público que fará do seu tema "A das Festas" o máis votado no concurso da RTVG "A Polo Ghit".
No 2009 saca novo traballo, "Oito destinos", co que consolida a súa traxectori. Este traballo de Guezos, foi gravado nos Estudios Mu! de Vigo coa producción de Pedro Feijoó na Primavera de 2009. Cada unha das oito cancións que compoñen o disco é unha viaxe musical distinta. Coñecemos o punto de partida pero nunca o de chegada, que será sempre unha sorpresa sonora. Oito destinos tamén é o traballo de oito persoas altamente implicadas durante máis dun ano de composición, ensaio e gravación.
- Adrián Beiroa - Voz principal, guit. acústica.
- David Quintas - Guitarra eléctrica, guit. acústica.
- Modesto Cid - Gaita, whistle.
- Xabier domínguez - Gaita, whistle.
- Francisco Díaz - Batería.
- Roberto Reboiro - Baixo.
- Anxo Fernández - Coros, teclados, acordeón.
LINK DE DESCARGA:
http://aregueifanetlabel.blogspot.com (haced click en Guezos - Oito destinos (2010).zip, dabajo de la foto de la portada
0 comentarios:
Publicar un comentario